Código de Boas Prácticas
SANTIAGO DE COMPOSTELA, PATRIMONIO DA HUMANIDADE.
Tes o dereito a gozar del e a obriga de coidalo.
CÓDIGO DE COAS PRÁCTICAS
1. CORRESPONSABILIDADE
Un patrimonio colectivo que temos o dereito a gozar e o deber de coidar.
2. DIVERSIDADE
Un lugar de acollida e de respecto á diversidade, que comparten as persoas que habitan e as que visitan, tanto a cidade como o noso rural. Descúbreo!
3. AUTENTICIDADE
Non te deixes levar por pseudo-tradicións ou prácticas inapropiadas.
4. SINGULARIDADE
Merca produtos artesanais no comercio local e participa da nosa intensa vida cultural. Descubre o Santiago capital da gastronomía nos nosos magníficos restaurantes.
5. CALIDADE AMBIENTAL
Deposita o lixo nas papeleiras e colectores. Emprega os aseos públicos e gratuítos. Aforra auga e electricidade.
6. CALIDADE ACÚSTICA
Celebra a chegada sen exceso de ruído, respectando a poboación. Garda o bastón de camiñar: evita danar o pavimento e aumentar a contaminación acústica.
7. CALIDADE VISUAL
A paisaxe urbana que te rodea ten un valor excepcional: non é unha área de pícnic nin unha zona de acampada.
8. PREFERENCIA PEONIL
Se chegas en bici, ten en conta as zonas peonís nas que é preciso desmontar e continuar a pé. Camiña os últimos metros con calma e prudencia.
9. SEGURIDADE
Os grupos numerosos non están exentos de cumprir as normas de circulación.
10. DEREITO AO DESCANSO
Santiago ten moitas opcións de ocio: divírtete respectando a quen descansa.
11. TRANQUILIDADE
Goza da paz dos espazos patrimoniais e da calma dos parques e xardíns que atoparás en cada recuncho desta cidade verde.
12. HOSPITALIDADE
Axúdanos a axudarte. Turismo de Santiago de Compostela está ao teu dispor.
Descargas:
Cartel (só pictogramas)
Cartel con frase central da campaña (para hostalería)
Cartel trilingüe (galego, español e inglés)
Relación de materiais da campaña
Tríptico trilingüe (galego, español e inglés)