O Plan de Sostibilidade Turística de Santiago de Compostela
A Conferencia Sectorial de Turismo, celebrada o 30 de setembro de 2020, aprobou o Plan de Sostibilidade Turística de Santiago de Compostela. A Secretaría de Estado de Turismo, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela subscribiron o 11 de decembro de 2020 o convenio para a súa execución.
Os obxectivos deste Plan son os seguintes:
O orzamento do Plan de Sostibilidade Turística de Santiago de Compostela ascende a 3.000.000 euros e inclúe os seguintes eixes e medidas:
- Pacto local para o desenvolvemento dun turismo sostible
- Observatorio de Turismo Sostible
- Estratexia de turismo sostible
- Xerencia do PST-SC e accións de comunicación xeral
- Sistema integral de xestion do destino intelixente
- Plan de accesibilidade e deseno universal
- Renovacion da iluminacion do patrimonio na cidade histórica
- Impulso da economia circular no sector turistico
- Compromiso contra o cambio climatico
- Programa de formacion e asesoramento sobre a transicion ecoloxica no sector turistico
- Creación de novos productos turísticos
- Centro de Cultura Gastronomica
- Plan de márketing e comunicación turística